extracto

caudal de tempo

caudal de tempo

jueves, 26 de agosto de 2010

Obradoiro lavado de Lá

Tal e como dixemos, xa comezou o proceso de tratamento da lá, e aqui xuntamonos a frotar sen parar!

Despois ven a fase de cardado, fiado, tinguido e a quentarse que chega o inverno!!

viernes, 6 de agosto de 2010

Obradoiro de cesteria de Tetabri

De novo a voltas cos obradoiros, para achegarnos pouco a pouco a autosuficiencia e aproveitando os recursos que calquera ten na casa, a non ser que teñas a vaca, directamente. Graciñas moitas a tódala xente que veu e a reproducir ideaaas!


martes, 27 de julio de 2010

Obradoiro de champán de sabugueiro




mais fotitos e mais obradoiros, tarde de compartir e vivir na casa de Iago, moitas gracias!!!
e para elaborar esta refrescante e económica receita veraniega....

12 ramilletes de flores de sabugueiro (sambucus nigra) O pelexo dun limón (monda) 2 culleradas de vinagre 1/2 kg de azucre 4,5 l de auga

remexer e tapar, deixar 24 h en reposo para que fermente, despois filtrar e embotellar e aos 21 días xa teremos o zume, do día 21 en adiante será champán!!
oess, e para filtrar vai ben cun trapiño de cociña destes finos e porosos (ben limpo, a ser posible) e as botellas mellor de rosca chapa para que non perda o gas da fermentación, se non quedaráse en zume... saúde!

lunes, 28 de junio de 2010

Obradoido de fieltro II






Aqui tedes unhas foticos do último obradoiro de fieltro que fixemos, proximamente festa de lavar lá, cardar, fiar... en varias xornadas, xa vos iremos informando!!

miércoles, 26 de mayo de 2010

MERCADIÑO DE TROCO E DOAZON

Cada xoves primeiro de mes ás 19.00 h temos o
MERCADIÑO DE TROCO DE DOAZON,
no C.S. Vagalume de Lugo (Rúa Noreas).

O proximo será o vindeiro xoves 3 de XUÑO. Podedes traer todo tipo de utensilios para trocar, por outras cousas ou servizos, a gusto de cada quen.
Par ver algún dos que xa fixemos, preme aqui.

martes, 18 de mayo de 2010

os xirins non se devaluan


neste banco, a nosa moeda non se devalúa, vai collendo forza xa que o tempo non morre, nin desaparece, unicamente se transforma...

Datos personales

Lugo, Lugo-Galiza
O Banco do Tempo e Rede de TRoco de Lugo nace para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares. Os Bancos do Tempo (BdT) baséanse no intercambio de servizos sendo a unidade de cambio o tempo, neste sistema desaparecen os cartos, nada ten un valor engadido, o único valor é o tempo empregado e todos os servizos se valoran por igual. Neste Banco únicamente se pode depositar tempo Una persona deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servicio que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo doutra ou outras personas para algunhas necesidades do día a día.